17:30
Somdolila

Somdolila

Somdolilá é unha batucada feminista de mulleres que usan a música como ferramenta de sororidade, alegría e loita. Celebran ocupando o espazo sonoro e recuperando a memoria das que combateron antes ca nós.

O espectáculo de Somdolilá ten influencias dos blocos afro do carnaval de Salvador de Bahía. Os potentes graves dos surdos combínanse coas frases vertixinosas dos repiques, que xunto coas caixas dan lugar a melodías rítmicas que non deixan indiferentes ouvidos nin corpos. Pero non só baila o público, as coreografías das percusionistas convírteno nun espectáculo impactante tamén visualmente.
O espectáculo está indicado para todo tipo de eventos deportivos, musicais, pasarrúas, espacios pechados, coma teatros ou locais, entre outros.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android