19:00
Leilia- Vidas cantadas

Leilia- Vidas cantadas

As vivencias coas que Leilía nos agasallou ao longo dos máis de trinta anos xuntas permítenos dicir que levan unhas Vidas Cantadas, como cantadas eran as vidas das mulleres das aldeas.

Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que cadran orixe e fin, pechan o círculo e dentro del teñen cabida ilusións, premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades..., e un sinfín de vivencias que mostran o que Leilía significa para a música deste país. Neste traballo retoman vellas cancións do seu repertorio e fanas súas de novo dándolles un aire novo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android