N/D
Romaría da nosa Señora dos Milagres de Caión

Romaría da nosa Señora dos Milagres de Caión

A Romaría dos Milagres de Caión está consolidada como unha das celebracións relixiosas de referencia no norte da provincia da Coruña.

O Santuario dos Milagres de Caión convértese durante estas datas no lugar de peregrinación ao que acoden miles de romeiros para render devoción á Virxe.

O día propio da romaría é o 8 de setembro. O domingo anterior a esa data, a Virxe dos Milagres é subida en procesión desde a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro ata o Santuario. O domingo seguinte faise a procesión de regreso para levar a imaxe ao lugar no que permanecerá ata o ano seguinte

Tamén é característico ver os peregrinos achegarse á Fonte Santa, posto que a crenza popular lle atribúe propiedades curativas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android