Na mostra expóñense varias pezas de enxoval doméstico tradicional, formada por nunha colección de colchas ou cobertores seleccionadas entre máis de noventa pezas de tecido popular galego, e que enriquece as pezas xa habitualmente mostradas no museo. Trátase posiblemente dunha das maiores coleccións privadas en Galicia, na que están presentes obras de toda a xeografía e están representadas a práctica totalidade das técnicas, tecidos e materiais empregados polas nosas tecedeiras ata ben andada a metade do século XX.
Móstranse tamén exemplares de tinguiduras, libros de bordados, nobelos e un tear de flocos (da colección do Museo)
A exposición pódese ver nas salas 5 e 6 do museo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar