O Museo Etnolóxico de Ribadavia organiza un ciclo de conferencias sobre a fotografía e a construción da realidade, vinculado á exposición Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Augusto Pacheco (1948-1973).
O venres 3, ás 8 da tarde, comezamos con "Do xogo ao incendio: As fotomontaxes de John Heartfield na República de Weimar" de María Soliña Barreiro González.
Mércores, 15 de novembro, Achegamentos á fotomontaxe por Vítor Vaqueiro Foxo.
Venres, 15 de decembro, Ksado, símbolo da fotografía galega por Carlos Javier Iglesias Castelao e Rubén Martínez Alonso.
Entrada de balde ata completar capacidade.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar