23:00
Tugores World Music

Tugores World Music

Tugores é o proxecto musical do guitarrista e compositor mallorquino Jaume Tugores xunto a David González. Nos seus traballos destacan sempre a beleza, a sinxeleza e a emoción das súas melodías. Nesta ocasión ofrecerán un concerto a dúo de saxo e guitarra no que interpretarán unha selección de temas de toda a súa discografía.

Do 1989 ao 1999 realiza os seus estudos de guitarra eléctrica e clásica, solfexo e harmonía, ademais de formar parte de numerosos proxectos e realizar moitas gravacións e concertos. Desde 1992 ata a actualidade compaxina a súa carreira artística co ensino do seu instrumento, a guitarra, tanto en escolas de música como particulares. No ano 2000 trasládase a Barcelona onde forma o seu propio grupo, Tugores. Do 2000 ata a actualidade publicou 8 discos como Tugores ademais de seguir producindo, facer arranxos e gravar guitarras para outros artistas.

Realizou numerosos concertos por todo o territorio español, así como no estranxeiro en sitios como Alemaña, Francia, Bélxica e Luxemburgo. Ademais, compuxo numerosas bandas sonoras para documentais.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android