Moitos chistes cos que hoxe rimos son unha adaptación de contos vellos. De curas, ricos, políticos, ... que hoxe mudaron as formas pero non os contidos nin o fondo: Rir. Nomeadamente de quen manda.
É algo así como se dixeramos “se non podes desobedecer, cando menos ri del”
Ademais, os contos, os chistes, non teñen máis fronteira que o sentido do humor de cada un. Por isto hai contos que se contan moi, moi semellantes en distintos países. É como se a globalización económica chegase despois da globalización do humor. Así hai contos que coñecemos como moi galegos, que se contan hoxendía na China ou no Vietnam.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar