22:00
Concerto

Concerto

Bafana Bafana é un grupo de versións que rinde tributo e pon en valor a música lixeira en castelán.Gran parte da tradición pop-rock española e latinoamericana revisionada con rigor, virtuosismo, humor e respeto de 5 músicos de asentados e coñecidos na escena jazzística e da música moderna galega. Xuntos adaptan ó formato quinteto un repertorio variopinto no que teñen cabida cancións de carácter orquestral (Mi Gran Noche, Vivir Así es Morir de Amor, Bailar Pegados) pezas de pop rock (La Casa por el Tejado, Años 80, Insurrección) ou temas con influencia latina (El Lado Oscuro, EL Cuarto de Tula, Sin Documentos).

Bafana bafana son premio Martín Códax 2021 na categoría de orquestas e músicas de verbena. Formaron parte de festivais varios en Galicia, tocaron en pazos, festas patronais, bodas, entregas de premios...En 2022 actúan e interpretan música orixinal na película La manzana de oro, de Jaime Chávarri
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android