A Danza das Espadas é unha festa na honra de San Miguel, que cada ano trae numerosos visitantes de toda Galicia a gozar das actividades que se teñen programadas ese día. O que máis chama a atención dos visitantes é o habitual evento de danza no que se demostran os bailes típicos do lugar, que provoca que o público aumente considerablemente co paso dos anos.
Esta é unha festa moi antiga, celébrase desde o ano 1639 e comeza como devoción a San Miguel.
Este evento une as actividades de Marín, por unha banda as relacionadas co mar, como pode ser a pesca, e por outra a danza, que tamén forma parte da tradición do lugar.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar