FESTA DE SAN MIGUEL E DANZA DAS ESPADAS 2023 Un dos actos máis destacados desta festa, Declarada de Interese Turístico de Galicia, é a tradicional Danza dás Espadas. Na xornada previa ao festexo, o sábado 30 de Setembro, terá lugar ás 19.00 horas unha Danza Branca convidada, nesta ocasión será Farsa de Santa Cristina de Lavadores, que actuará na alameda. O domingo 1 de Outubro ás 11.00 horas no Salón de Plenos do Concello levará a cabo a recepción de autoridades e a entrega de Medallas e Distinción. Finalizados os actos, terá lugar a saída desde o Concello de autoridades, convidados e danzantes cara ao Templo Novo. Ás 12.15 horas oficiarase a misa solemne en honra a San Miguel, cantada polo coro Cámara Thalasa, seguida ás 13.00 horas da procesión e baile da Danza de Espadas nos lugares de costume. A continuación, levará a cabo a ofrenda floral polos Confrades e Danzantes na Praza do Reloxo, acto que poñerá punto e final aos festexos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar