Entre o 13 de xuño e o 3 de xullo, o Concello de Santiago lanza, un ano máis, a iniciativa Compostela Diversa, co obxectivo de facer de Santiago un referente para as persoas LGTBI. Esta acción promovida desde a Concellería de Igualdade, conta coa colaboración de Turismo de Santiago, o departamento de Comercio e o apoio da Deputación da Coruña.
Entre as distintas actividades que se van a desenvolver eses días, Turismo de Santiago e o departamento de Comercio propuxeron de novo aos locais de hostalería e hotelería e as tendas da capital galega vestirse coas cores de Compostela Diversa, a través de distintos elementos como mandil, carteis, postais, posavasos e manteis.
Así, trar o período de inscrición que terminou o pasado venres, apuntáronse 81 comercios, 35 hoteis e 80 bares e restaurantes que, nos próximos días, recibirán o material cos que que lucirán os seus establecementos ao longo da campaña.
O obxectivo é, por unha banda, o de demostrar que Santiago é historicamente unha cidade de acollida para todos e todas, má alá da procedencia, das crenzas relixiosas ou da orientación sexual.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar