Dar a coñecer a música de vangarda dos séculos XX e XXI, fomentar a creación de novas composicións e pór a dialogar a innovación sonora coa doutras artes son os obxectivos de 'Contemporáneas,' un novo programa do Concello de Santiago co apoio da Deputación da Coruña que reformula as anteriores Xornadas de Música Contemporánea para estendelas no tempo e manter unha xanela aberta ao longo do ano a novas sonoridades. A primeira edición de 'Contemporáneas' ofrecerá de outubro a maio oito concertos, un cada mes, que incluirán cinco estreas absolutas e tres composicións especificamente creadas para a ocasión.
Este novo formato extendido procura ofrecer á cidadanía máis oportunidades de gozar de propostas sonoras de vangarda e servir de escaparate aos proxectos máis relevantes que desenvolven grupos, artistas, creadoras e creadores que traballan en Galicia, sen desatender propostas que chegan desde fóra.
'Contemporáneas' tentará ser ademais un lugar para a reflexión a través da música e a escena no que se abordarán como a tecnoloxía, a intelixencia artificial, o espazo, a soidade ou a percepción social da realidade.
Os concertos desenvolveranse na Casa das Máquinas, o Teatro Principal e a Sala Mozart do Auditorio de Galicia, todos eles con acceso de balde até completar capacidade.
Para accede á información detallada de cada proposta, preme na ficha de cada un deles ou descarga o programa completo nesta ligazón.
CALENDARIO (preme en cada evento para ver a información detallada)
LA FABBRICA ILLUMINATA · ARXIS ENSEMBLE | 24 de outubro · 20 h | Casa das Máquinas
PÁLIDO PUNTO AZUL ·JAVIER OTERO NEIRA · ESPERANZA MARRA · NEREA BREY · IRIA AZEVEDO | 27 de novembro | 20.30 h | Teatro Principal
HOW CAN I HELP YOU · VERTIXE SONORA | 11 de decembro | 20.30 h | Auditorio de Galicia
BY THE WAY... · ABAL & BELLAS | 22 de xaneiro | 20.30 h | Auditorio de Galicia
A SOLAS CON MARILYN · TEATRO XTREMO | 4 de febreiro | 20.30 h | Auditorio de Galicia
PASOS DESDE O ATLÁNTICO · MÚSICA PRÁCTICA | 18 de marzo | 20.30 h | Auditorio de Galicia
SUIT(E) · MILLÁN ABELEDO, NURIA SOTELO, MANUEL LÓPEZ JORGE | 29 de abril | 20.30 h | Auditorio de Galicia
CONTOS PARA ARROLLAR UN ENXAME · TALLER SONORO | 20 de maio | 20.30 h | Auditorio de Galicia
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/contempor%C3%A1neas
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar