19:30 hasta las 14:00
O Inefable

O Inefable

O “inefable” podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio. Pero o “inefable” é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansable necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.

O esforzo por desvelar o “inefable” amosa camiños ben distintos en ambos os dous. Mentres Chelo emprega espazos interiores, cheos de luz e de cor, coa presenza constante e desacougante de diferentes cadeiras como metáforas, Fernando xoga a desvelar a materia e, nesta ocasión, preséntanos o misterio a través da livián e suxestiva porcelana, máis tamén coa forza primixenia do barro. Con todo, comparten nesta mostra das súas obras a súa atracción pola figura humana, quer coas diversas representacións de cabezas que nos atrapan nun mundo simbólico e conceptual, propio de Fernando Carballa, quer cos atractivos manequíns cheos de vida e movemento, de xeito aparentemente contraditorio, que nos mostra Chelo Rodríguez.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android