21:30
Peter Punk-Punkdemia

Peter Punk-Punkdemia

Peter Punk está de volta para converterse no Doutor Punkdemia. Presenta un espectáculo viral no que, a través de 4 Fases, mostrará a súa particular visión da pandemia.

Neste espectáculo adaptado á nova normalidade, veremos como vístese un pallaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus e asistiremos a unha técnica novidosa para botar o virus do noso corpo empregando globos de maneira sorprendente. Contaremos coa axuda de Tranquilo, un vello amigo de Peter Punk sempre disposto a colaborar. E pra finalizar, daremos a volta á curva para descubrir a Vacina da Risa. E subiremos na Corentrona, unha cadeira de rodas na que Peter Punk mostrará as súas habilidades e baixará a rampla da desescalada pra bater co muro dos recortes. Conseguirá derrubalo?
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android