20:30
A maga Fani: IGUALDADE, onde estás?

A maga Fani: IGUALDADE, onde estás?

“Igualdade, onde estás?” é o novo espectáculo da Maga Fani en defensa da igualdade a través da maxia.
A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza...“Esperanza Marzal”.
“Esperanza Marzal” traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, pregúntase por que en moitas entrevistas nos medios de comunicación ás mulleres pregúntaselles polo seu físico, no canto de facelo pola súa actividade, a conciliación da vida laboral e familiar, a finalización de todo tipo de violencia de xénero, abusos etc.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android