11:00 hasta las 22:00
Festa do Percebe de Aguiño

Festa do Percebe de Aguiño

A Festa do Percebe de Aguiño, en Ribeira, ten lugar a primeira fin de semana de agosto. Celébrase desde 1997 e ten o percebe e as súas diferentes elaboración como protagonista dunha celebración que xira arredor deste recurso, principal fonte de riqueza do municipio. Trátase da cita de exaltación gastronómica máis importante deste concello e con esta distinción recoñécese o traballo que arrodea a recolla do percebe, un oficio artesanal único.

As diferentes actividades que xiran arredor da festa son os obradoiros mariñeiros dirixidos ao público infantil, sesións de showcooking para adultos e nenos, zona de xogos, grupos de gaitas e música tradicional, sesión de baile, actuacións musicais...
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android