20:30
Chungo Ke Te Cagas

Chungo Ke Te Cagas

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Gañador do Premio do Público do Mundoclown 2008 e recentes xiras por Canarias, Madrid, Brasil, Portugal, Palestina, Cataluña, Asturias, ....

Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual.
Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.

"Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa
destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor...

Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android