🎉Esta fin de semana #Malpica celebra as festas de Corpus e santo Hadrián. 🐚 O venres 17 ás 20.00h actuará a A.C. Malante no paseo marítimo e a partir das 22.00h, na rúa principal poderán bailar ao ritmo de Virtual Poject, Broken Peach e La penúltima Sabinera. 🐚 O sábado 18 pola mañá haberá #pasarrúas e sesión #vermú ás 14.00h na rúa principal da man do Dúo Calú. Xa pola tarde, ás 19.00h, Kilomberos de Monte Alto encherán a vila de música e ás 23.00h, gran actuación da París de Noia acompañada pola Disco Móbil Impacto e Dj Roy. 🐚 Domingo 19 haberá misa ás 07.00h, 9.00h, 10.00h, 11.00h, 12.00he 13.00horas. Despois da misa das 07.30h da mañá sairá a procesión cara a capela de Santo #Hadrián. O santo volverá á igrexa de San Xulián arredor das 19.00h. Logo, ás 21.00h actuará na rúa principal a orquestra Los Alcántara. 🔹Organiza ACD Mallas da Area coa colaboración do Concello de Malpica e a Confradía de Pescadores. ____________ Dende a ermida do Santo Hadrián do Mar divísanse as illas Sisargas, un refuxio natural para as gaivotas e os corvos mariños. Esta paisaxe singular da Costa da Morte imprime a esta romaría un incentivo engadido xa que a pequena capela do século XVI está situada no cabo Santo Hadrián. Ata aquí teñen que subir os infatigables romeiros co santo aos ombros dende a igrexa parroquial de San Xulián en Malpica.
Ao amencer, tras o anuncio dos fogos e bombas de palenque, comeza un percorrido de cinco quilómetros que pasa por camiños e praias. Ao seu paso pola praia de Seaia, unha serpe tallada sobre unha pedra lembra que Santo Hadrián librou esta zona dunha terrible praga.
A maioría dos fieis van a pé, aínda que é frecuente ver romeiros a cabalo. A romaría atrae milleiros de devotos non só da Costa da Morte, senón de toda Galicia.
Nas proximidades da capela, os romeiros lávanse na fonte de augas milagreiras, moi boas para as enfermidades da pel, especialmente para as espullas. Despois colgan os panos das árbores do contorno. Durante a xornada, a capela acolle a celebración de varias misas mentres a imaxe do santo é venerada.
Non falta o polbo nin a música, e as familias gozan dunha comida campestre.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar