18:00
Os tres porquiños

Os tres porquiños

Vos tres porquiños é un espectáculo de teatro para os máis pequenos e pequenas do que poderá gozar toda a familia. Un espectáculo cargado de monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil.

Nunha sesión de 30 minutos, os sons, as texturas e as cores captarán a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

«Vos tres porquiños» é unha proposta da compañía Migallas Teatro. En cada unha das súas obras, a compañía busca facer un teatro comprensible, crítico e entretido para todos e todas. Así mesmo, bebendo da tradición do pobo e da vida cotiá. En todo momento, cunha visión universal das situacións humanas máis próximas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android