22:00
Balneario a Condesiña

Balneario a Condesiña

Balneario a Condesiña é un espectáculo da agrupación afeccionada Fontevella Teatro baixo a dirección de Chelo Pampillón. Unha comedia teatral escrita pola dramaturga Ana Santos.

En canto ao grupo de teatro podemos comentar que realizou a súa primeira representación en 1995, pero empezou a xestarse un ano antes. Partiu dun proxecto desenvolto por Pampillón e por un dos primeiros membros do grupo, xa falecido, de lectura para xubilados, que contaba cunha subvención da Xunta. Ante a ilusión coa que os participantes se tomaron a experiencia, acabou derivando no que hoxe é Fontevella.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android