18:30
Dixie Kings

Dixie Kings

O sexteto DixieKings nace coa finalidade de introducir o público no Jazz máis tradicional, o Dixie que rememoran as bandas rueiras dos anos 10-20 cos seus inconfundibles desfiles.

Entre o seu repertorio atópanse clásicos como Oh When The Saints go marching in e Down By the Riverside entre outros.

A agrupación está formada completamente por músicos profesionais. As nosas actuacións destacan pola proximidade co público, o bo ambiente de diversión e unha variada selección musical.

O sexteto Dixie Kings está formado por saxofón, trompeta, trombón, baixo tuba, piano e batería. Se desexa que o seu evento goce da mellor música en directo, animación na que o público se fai partícipe do espectáculo, non dubide en escoller aos Dixie-Kings.

Eventos musicais en Galicia. Eventos na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense.

Os Dixie Kings preséntanse en formato instrumental ou con cantante. O grupo pode realizar concertos e tamén pasacalles para enxalzar o carácter festivo como facían as Bandas de New Orleans da época.

Piano e dirección: Cristian Leggiero
Saxo: Pablo Castaño
Trompeta: Adrián Lage
Tuba: Santiago Gayoso
Batería:Marcos Pazo
Trombón: Diego Rodríguez
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android