11:00
Fazulas e o ladrón do Paraugas

Fazulas e o ladrón do Paraugas

Fazulas e o ladrón de paraugas é o espectáculo do exitoso libro de Xosé Lueiro, xa pola terceira edición tras un ano dende a súa estrea. O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar á cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

Xosé Lueiro na escrita e creación e Fran Campos poñen en marcha un ilusionante e fermoso espectáculo cunha importante base de lectores xa creada grazas ao éxito do libro.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android