Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro
Lugar Cebreiro, 22 - O Cebreiro Ver web
Organizado polo Museo do Castro de Viladonga, o Encontro lévase a cabo no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, e garante a riqueza de experiencias a compartir, pois contará coa participación de artesáns da cestería de moi diferentes procedencias, tanto internacionais, con Joe Hogan (Irlanda), Berit Ida (Alemaña) e Aida Bairos (Portugal), como nacionais, con Cande Alonso (Tenerife), Lola Altolaguirre (Pais Vasco), Carlos Fontales (Segovia) e por suposto, de varias localizacións galegas: Maruja Torres (Mazaricos), Mª Jesús Labrador (Lobeira), Lola Tourón (Carqueixeda), Enrique Táboas (Sanxenxo), Carliños "cesteiro" (Oia), Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) e Álvaro Leiro (Pontevedra). A diversidade do emprego das diferentes técnicas e materiais ponse de manifesto nos exemplos de imaxes da creación de cada autor que se achegan.
O Encontro desenvolverase de 11:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. As 20:00 h abrirase unha mesa redonda para poñer en común o tema “A artesanía como produto cultural. Os actores do produto artesanal”.
A información máis completa sobre os artesáns, os seus currículos e contacto, pódese ver no documento anexo.
Lugar Cebreiro, 22 - O Cebreiro Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar