Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro
Lugar Cebreiro, 22 - O Cebreiro Ver web
Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.
Haberá tamén unha exposición coas creacións das artesás e artesáns, que se recollen nunha pequena publicación que se pode ver no anexo.
A programación é a seguinte:
Sábado 6 de xullo: Mostra de cestería de 11.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
Domingo 7 de xullo: Mesa redonda "Os vínculos creados pola cestería". De 11.00 a 13.30
As persoas participantes este ano son:
Antonio Luís Álvarez (Rexosende, Ourense)
Antonio Rodríguez Bernal (Rota, Cádiz)
Berta Bugallo (Guadalajara)
Carlos Fontales Ortiz (Segovia)
Mª Jesús Labrador (Lobeira, Ourense)
Esther Rodríguez Pérez (Gondomar, Pontevedra)
Isabel da Conceiçao Reis Sousa (Ourém, Portugal)
Juana Veiga Castro (Codeseda, Pontevedra)
José Carlos González Martínez (Oia, Pontevedra)
Lois Walpole (Reino Unido)
Lola Tourón Río (Portomarín, Lugo)
Luísa da Silva Seijas (Ares, A Coruña)
Lugar Cebreiro, 22 - O Cebreiro Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar