CAMPAMENTO ROBÓPOLIS
Co fin de facilitar a conciliación das familias viguesas, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel acollerá un campamento de robótica que se realizará de luns a venres non festivos durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos. O campamento Robópolis ten como obxectivos conseguir a diversión a través da imaxinación dos participantes e aprender coas novas tecnoloxías mediante robots adecuadamente preparados para o uso e a aprendizaxe de rapaces de todas as idades.
Inscrición: desde o 23 de xuño na biblioteca ou nos teléfonos 886120445 / 886120440.
Datas: 8 quendas semanais:
1-8 de xullo
11-15 de xullo
18-22 de xullo
26-29 de xullo
1-5 de agosto
8-12 de agosto
17-23 de agosto
24-31 de agosto
Idades: tres grupos de idade en cada quenda:
De 4 a 5 anos
De 6 a 8 anos
De 9 a 10 anos
Lugar: sala infantil da biblioteca.
Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/robopolis
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar