Qué reposo! ¡Qué luz...! ¡Qué garruleiro
brando cantar dos váreos paxariños
cando ó salir do sol polo quinteiro
douraba fontes, lagos e campiños!
¡Qué libre respirar...! ¡Qué placenteiro
ir e vir dos cabirtos xuntadiños!
¡Qué frescas, qué polidas, qué galanas
iban co gando as feitas aldeanas!
Os poemas de Rosalía de Castro evocan moitos lugares, paisaxes e situacións que son moi recoñecibles nas artes figurativas anteriores e posteriores á obra da poeta. Nesta exposición queremos poñer en correspondencia algúns dos poemas máis senlleiros da autora con imaxes de artes visuais como a pintura, a fotografía ou o cine.
Imaxe: Paisaxe con río, Ovidio Murguía de Castro, 1896 (Colección de arte ABANCA)
Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/imaxes-rosalianas-poemas-e-artes-figurativas
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar