Ramiro Neira
Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.
Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.
Duración: 30 minutos.
Idade: de 0 a 3 anos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 apropia semana da actividade.
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/99467/13/126228
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar