21:00
Camiño da vida tola

Camiño da vida tola

Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010. Intégrano cinco compoñentes: Emilio Lois, gaiteiro da Baña e mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais, como OCT Ultreia; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de proxectos como Malvela; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén; Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña; e Adrián Lareo (bombo e voz), gaiteiro e estudante de Construción artesanal de Gaita na EMAO de Vigo.

Baixo a proclama "Somos ghaiteiros, somos revolusionarios", Carapaus teima en amosar a música tradicional galega, así como aportar composicións de fondo trazo tradicional ao acervo cultural galego.

Camiño da Vida Tola pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron noutrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Como nos espectáculos anteriores, a base melódica das pezas de Carapaus ten un forte carácter tradicional, pero sen deixar de lado pezas de nova composición, sempre con sabor a terra e a país.

Seguen en pé co seu berro “Somos ghaiteirxs somos revolusionarixs” e con iso van “Camiño da Vida Tola”.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android