23:00
Concerto de Fanfarria Brassica Rapa

Concerto de Fanfarria Brassica Rapa

Brassica Rapa é un grupo de música popular nacido a finais do 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formado íntegramente por rapazas, tocando instrumentos de vento metal e percusión crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Dúas trompetas, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen o seu persoal, que pretende reivindicar a presencia da muller neste tipo de agrupacións a través da troula.

Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Buscan sobre todo influencias das “brass band” neoiorquinas, pero tamén das “big bands” ou das charangas tradicionais. As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska!, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android