11:00
Carlos Núñez

Carlos Núñez

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo.

Agora presenta un novo disco, Cinema do Mar, no que explora o mundo das bandas sonoras, desde Mar Adentro ata as varias bandas sonoras nas que tén participado últimamente, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cine. No disco colabouran os Chieftains, Dulce Pontes, Ryuichi Sakamoto, Altan, Solas, Juan Manuel Cañizares...

Ó longo destes anos, Carlos Núñez leva vendidos 1.000.000 de discos no mundo, obteu un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario ós Grammy latinos e galardóns en todo o mundo. Foi nomeado Embaixador Europeo do Medio Ambiente e actuou en Roma ante dous millóns de persoas convocadas polo Papa. Tén sido definido como "a única estrela planetaria da gaita" (François-Xavier Gómez, Libération), "o novo rei dos celtas" (Manuel Rivas, El País), "o Jimi Hendrix da gaita" (Scott Lewellyn, Billboard), "o gaiteiro de ouro" (Xabier Rekalde, El Mundo), "artista dunha musicalidade sobresaíente e un talento intelixente" (Jan Fairley, Folk Roots), "gaiteiro como si tocase Coltrane ou Hendrix" (Bob Flynn, The Guardian).
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android