22:00
LÍDIA INDIA E LATEXO - Nas Rúas

LÍDIA INDIA E LATEXO - Nas Rúas

O espectáculo "Nas Rúas" de Lidia India e Latexo é o primeiro concerto da unión dos dous proxectos: Lidia India e Latexo Percusión. Da unión destes dous proxectos xurdiu unha mestura única, que eclosiona nesta nova proposta musical de World Music. A súa orixinalidade radica no seu carácter único, xa que conta con letras de composición propia e unha mestura de estilos e músicas de raíz moi persoal, na que podemos atopar toques de reggae, maracatú, samba, ritmos afrocubanos e tradicional galego, entre outros.

Ao longo do espectáculo, atopamos un repertorio cheo de letras moi vinculadas á actualidade, que amosan esperanza, ilusión e que fan tamén unha denuncia social, participando dun rexurdimento da cultura que por fin volta ás rúas, e que busca recuperar o seu vínculo coa natureza e as persoas.

Todo isto acontece nunha posta en escena moi cuidada que combina os arranxos musicais con elementos máis visuais que teñen que ver coa danza e o movemento, construíndo así unha proposta escénica duns 60 minutos moi rica en mesturas e matices; unha viaxe que conta tanto con ritmos explosivos como con outros máis suaves, facendo bailar ao público e permitindo saborear a proposta de principio a fin.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android