12:00 hasta las 16:00
XXV FESTA DA LAMPREA DO ULLA 2023

XXV FESTA DA LAMPREA DO ULLA 2023

Pontecesures acollerá na fin de semana do 25 e 26 de marzo a XXV Festa da Lamprea do Ulla, coincidindo como é tradición coa celebración do San Lázaro. 

A XXXV Festa da Lamprea do Ulla terá lugar nunha carpa instalada a carón do peirao de Pontecesures, coa actriz Isabel Blanco como pregoeira. Os tickets compraranse na propia carpa, onde todos os elementos que se empreguen serán reciclables.

Sábado 25. na xornada previa ao gran festexo celebrarase de 11.00 a 13.00 horas un taller infantil de ciencia onde os pequenos poderán coñecer máis sobre este peixe de río. Ás 19.00 horas terá lugar a Mostra de Cociña que incluirá un showcooking.

Domingo 26, os actos da festas comezarán ás 12.15 horas coa presentación na Casa do concello do documental titulado Pontecesures. Ás 13.00 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo da presentadora e actriz Isabel Blanco. Ás 14.00 horas comezará a degustación da lamprea. Este ano os asistentes poderán degustar, a un prezo que oscilará sobre os 30 euros, tres receitas a base de lamprea; guiso á bordelesa, lamprea en escabeche e empanada de lamprea, acompañadas de bebida e en bandexa de conmemoración.
Ás 20.00 horas o grupo Unión e Forza animará a festa.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android