Transportarémosvos ás foliadas, seráns e polavilas que, dende tempos inmemoriais ata hoxe, enchen as almas dos asistentes termando rebulir os pés dos máis inquedos e adonairando os sons nos ouvidos daqueloutros máis moderados.
Peixe é un relatorio onde se reivindica como necesarias todas aquelas características personais que son únicas, exclusivas e intrínsecas a cada ún de nós como verdadeiro nexo de unión e comprensión nas nosas relacións sociais,.
Coma un peixe nadando fora da peceira observando como dentro desta so hai aire para respirar, máis a liberdade, o risco, a ilusión e o orgullo natural de ser e defender o que en realidade somos mora na infinita auga que está aí, ao pertiño, fora do recipiente.
Peixe, ven a ser a interpretación da vida, vivencias, sentires, emocións ....... de Xisco, iso sí, con ese estilo no que medrou, a tradición oral, e a partires do cal construeu un estilo propio, e que agora ven a darlles outra volta.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar