Nova edición desta feira dedicada aos minerais que se celebrará os días 5, 6 e 7 de Maio no Centro Cultural de Guláns. O evento contará coa presenza de doce expositores de minerais, fósiles e xoiería de todo o mundo. As actividades programadas son: un obradoiro de identificación de minerais impartido pola Escola Técnica Superior de Minas e Enerxía de Vigo e un obradoiro de mineraloxía impartido polo Grupo Mineralóxico Galego. A feira estará aberta en horario de 10.00 a 21.00 horas e a entrada será gratuíta.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar