20:30
Conexión Pingüín

Conexión Pingüín

Elenco

Luís Iglesia

Marcos Orsi

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.

A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por un lado, os nosos dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica.

Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se enteira, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, ...

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android