18:30
NINJA

NINJA

Amelia é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser Ninja!! Adestra tódolos días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, se non, para que outros nenos e nenas non abusen deles. Con axuda de Amelia e o señor Edelmiro, un velliño ao que Amelia acode a buscar consello, conseguiran que os nenos inadvertidos se fagan visíbeis e cambian as tornas na escola.

Ninja é unha obra lúdica e pedagóxica onde abordamos o bullying nas escolas. A través dunha historia divertida e chea de frases filosóficas sobre a tolerancia, o respecto, a diversidade... amosamos o máis importante para resolver un problema: visualizalo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android