11:30
Magín Blanco: A banda das apertas

Magín Blanco: A banda das apertas

A Banda dos Abrazos é o formato musical de Magín Blanco acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e pola voz de María Faltri. A banda dos Abrazos conta con anos de traxectoria musicando para o público infantil e familiar as aventuras da nena e o grilo, descubrindo os seus segredos a través dun bo puñado de cancións coas que Magín Blanco foi creando toda unha comunidade de seareiros e seareiras. O meu país, Don Ramón, A formiga Luna, Todos somos capitáns ou rock& roll #dragón son algúns dos clásicos que fan cantar e bailar a pequenas e maiores. A Banda dos Abrazos é unha das propostas musicais preferidas polo público miúdo e polas súas familias.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android