19:00
Derriba da lúa

Derriba da lúa

Derriba da lúa é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria.

Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: A primeira apagouse e naceu a Lúa A segunda quedou acesa e naceu o Sol A terceira comezou a xirar e naceu a Terra Na terra hai un carballo\No carballo hai un niño No niño hai unha merla que choca tres ovos...
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android