A competición contará nesta edición con nove probas: andaina serrada, andaina chapeada, andaina de trotones, trotones, puro sangue inglés, pura raza árabe, cruzados, país e burros.
A organización tamén destinará premios para o xinete máis novo e o máis veterano, así como o animal que destaque pola súa orixinalidade e beleza.
Os premios que se repartirán os mellores clasificados en cada categoría ascenden a case 2.500 euros, ademais dos correspondentes trofeos.
O xurado estará composto por un equipo de profesionais presidido por Xoán Carlos Cea. Os animais que compitan terán que ser maiores de dous anos e estar acompañados da correspondente documentación oficial que acredite a súa raza.
A organización ten confirmada a presenza de ao redor de cen xinetes.
A actividade comezará a partir das dez da mañá coa apertura do recinto feiral para participantes e público. As inscricións poden realizarse no propio recinto da feira de 10 a 12 horas ou nos teléfonos 647 112 989 ou 637 049 838.
O certame servirá tamén para nomear como novo cabaleiro da orde santiaguista de Vilar de Doas ao exalcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado. Este recoñecemento entrégano ás persoas que colaborasen ao desenvolvemento da localidade.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar