20:00
Contos para caghar patatillas

Contos para caghar patatillas

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é

capaz de enfrontar o seu propio medo.

Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do

público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta

de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha

nena que escoita por vez primeira a tormenta... Historias que saen dunha vella maleta escondida no

faiado nunha noite de inverno.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android