Dúas Actrices e un Actor trazan en escena o mapa de incendios provocados, ao longo dos últimos anos, nos bosques e montes de Galicia. Na súa investigación, descobren dous sucesos que tiveron lugar na comarca coruñesa de Ordes, afastados no tempo, pero conectados entre si polo lume e o ritual: os estudos etnográficos do antropólogo danés Gustav Henningsen na década dos 60 e o roteiro incendiario dunha gandeira no verán de 2016.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar