19:30
Xoan Curiel

Xoan Curiel

Xoán Curiel nace en Fonsagrada, na montaña de Lugo, a noite de San Xoán do ano 1975.

No ano 1998 trasládase a Santiago de Compostela, onde desenvolve a súa carreira como actor, músico e cantante. Fórmase en teatro, teatro musical e outras disciplinas escénicas en Santiago, Barcelona e Madrid, mentres vai desenvolvendo a súa carreira como compositor.

Durante 7 anos traballa en diferentes compañías teatrais como actor, cantante, músico e bailarín, ata que grava o seu primeiro disco Nai no ano 2009. Un disco que dará como resultado as súas primeiras xiras que o levarán polo extranxeiro (Brasil, Portugal, Arxentina, Italia ou Francia entre outros).

No ano 2011 presenta o seu segundo Cd Magnético Zen, co que gaña o premio a Mejor Álbum en Lengua Gallega, dentro da V Edición de los Premios de la Música Independiente.

No ano 2014 presenta o seu terceiro disco Estamos no verán!!!, un libro-disco infantil que foi tamén nomeado nos VI Premios de la Música Independiente.

No ano 2015 grava a súa voz na película galego-cubana Maimiño, coas cancións que Silvio Rodríguez crea para dito film. Neste ano tamén é nomeado na categoría de Canción de Autor nos II Premios Martín Códax da Música Galega.

No ano 2016, presenta o seu cuarto disco Ecuacións, un disco experimental gravado nos estudos da Radio Galega en Santiago de Compostela co enxeñeiro de son Toño Vazquez e tamén en Sao Paulo (Brasil) co violeiro Julio Santín. O resultado son seis temas moi líricos, con aires intimistas e bases electrónicas; un resultado musicalmente moi diferente a outros traballos anteriores.

No ano 2017 é finalista e 3º lugar nos Premios Ar(I)tmar das músicas de Galiza e Portugal. Tamén é finalista nos IV Premios Martín Códax da Música Galega na categoría Canción de Autor. Tamén é finalista nos Premios Opinión da Música de Raíz en dúas categorías (Mellor Álbum e Mellor Canción).

Xira polo norte de Italia durante dúas semanas actuando en Milan, Como e Brunate (Festival Internacional de Poesía Alda Merini, Teatro Blu de Milán, Parque do Faro de Brunate…).

Ao longo destes anos, Xoán participa en diferentes espectáculos e festivais principalmente ligados á lusofonía e á música de autor.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android