20:30
Teatro Ghazafelhos: Ninja

Teatro Ghazafelhos: Ninja

Tori é unha nena que vive no rural galego. A Tori encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee, Jackie Chan. O seu soño é ser unha Ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica Ninja. Tori descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Tori conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola. Ninja é unha obra coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android