Edificio de Servicios Múltiples de Culleredo
Rúa Ramón Cabanillas, 14 - Culleredo Ver web
Benvidos ao Hotel Europa, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible. Hotel Europa é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices que interpretarán a unha morea de peculiares personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga, na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do hotel.
Hotel Europa é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado.
Rúa Ramón Cabanillas, 14 - Culleredo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar