20:30
Quéroche un conto

Quéroche un conto

Sempre fin de mal comer e peor durmir o cal foi a excusa perfecta de pequena para ergerme en metade da noite e achegarme á cociña onde o meu pai almorzaba sopas acompañado pola miña avoa o volver do mar. Así que pedía unha cunca , sentaba á mesa e escoitaba. Isto vai de moitas das cousas que ouvín, outras que descubrín e algunhas que mesmo vivín en directo. 

“Quéroche un conto” era unha expresión que tiña a miña avoa para dicir que todo tiña o seu aquel, a cuestión era explicalo. Soía dicila xusto antes de arrancarse a contar como eran as cousas desde os seus tempos.

Das súas anécdotas e doutras recollidas de familia propia e allea, vai este conto.

De como eran os moceos e as regueifas, das festas e os perigos do pasodobre, dos alcumes e a retranca, dos esnaframentos culturais na inmigración, dos perigos de medir o polvo e en definitiva das peculiaridades do noso carácter que tanto cambiaron. Ou non...
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android