18:30
Raquel Queizás: Cinema maravillas

Raquel Queizás: Cinema maravillas

Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver ás crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cinema mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cinema. O cinema tamén se le. Alicia no país das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Pulgarcito, as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatas e pensan por si mesmas.
Reflicten as etapas evolutivas das espectadoras máis nenas. Axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero, o respecto polo diferente. Estas historias nacen dentro de nós cando somos pequenos. A unha nena, a un neno gústalle vivir aventuras, explorar diferentes lugares, xogar a ser piratas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android