20:00
AS IDADES DE SANTA TERESA. MÚSICA E DANZA ARREDOR DA SÚA FIGURA

AS IDADES DE SANTA TERESA. MÚSICA E DANZA ARREDOR DA SÚA FIGURA

CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS

>>> CONCERTO DE EVA NAREJOS E ANA AGUADO

Esta orixinal proposta ideada pola música, coreógrafa e bailarina, especializada en danza histórica, Eva Narejos, en colaboración coa organista Ana Aguado, trata de achegarnos á figura de Teresa de Cepeda y Ahumada, nacida en Ávila un 28 de marzo de 1515, facendo un percorrido por diferentes episodios da vida da santa. Tanto a nena de inxenuas ocorrencias, como a muller e monxa de ideas claras, capaz de revelarse a través da súa enérxica pluma, estarán presentes neste retrato sonoro en movemento que nos axudará a percorrer os camiños seguidos por santa Teresa co único e firme propósito da unión con Cristo, amigo e amado. A enérxica voz do órgano e a danza serán o fío condutor que materialicen ese desexo de unión entre o divino e o humano, que estivo presente ao longo da súa vida e tratou de transmitir a través dos seus escritos. O traballo coreográfico parte da reconstrución de danzas do Século de Ouro a partir de fontes orixinais recollidas en documentos da escola ibérica de danza, como o tratado de Esquivel Navarro (1624), o manuscrito de Juan Antonio Jaque, de mediados do s. XVII, ou o tratado de Pablo Minguet e Irol, do s. XVIII. Ademais, contarase con outras coreografías, creación propia de Eva Narejos, a partir da linguaxe coreográfica da época. As danzas serán interpretadas, entre outras, sobre as músicas de Antonio de Cabezón, Pablo Bruna, Antonio Martín y Coll ou melodías das Cantigas de Santa María.

Eva Narejos, danza e coreografías

Ana Aguado, órgano

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/idades-de-santa-teresa-m%C3%BAsica-e-danza-arredor-da-s%C3%BAa-figura
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android