Fantasía coas palabras é o primeiro libro disco de María Faltri e Jorge Juncal. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Jorge Juncal é músico con anos de experiencia como acordeonista en diversos grupos folk do país: Anubía, Macfeck, Faltriqueira ou Beladona. María López é compoñente do grupo vocal Faltriqueira, formación que leva mais de 15 anos percorrendo escenarios nacionais e internacionais. Ambos músicos forman parte da escena infantil musical e teatral dende hai máis de 5 anos. Traballaron con Magín Blanco en “A Nena e o Grilo nun Barquiño” , “Gatuxo” ou “A Banda das Apertas”, acadando o recoñecemento da crítica e o público. Os textos en castelán son da autoría de Rosa María Modrego Tejada, baixo o selo editorial Istarduk Ediciones.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar