20:30
Rara Avis

Rara Avis

Pomba é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan. Coma se levase unhas ás invisibles adheridas ás súas costas que, ademais de alixeirar o seu peso, dotásena dun halo digamos que "diferente?"

É a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do humor como Pomba logra reconciliarse co seu pasado, gozar do presente e propoñerse un futuro esperanzador.

Ela, como ninguén, é capaz de mostrar que nunca é tarde para un novo comezo. Rara Avis fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android