12:00 hasta las 23:59
Festival AGROCUIR 2022 | VII Edición

Festival AGROCUIR 2022 | VII Edición

Festival AGROCUIR 2022 | VII Edición
26 e 27 de agosto | Monterroso

O Festival Agrocuir da Ulloa é unha iniciativa sen ánimo de lucro celebrada no rural lucense co obxectivo de reivindicar a diversidade sexual e de xénero no rural. A visibilización dos colectivos transexual, bisexual, intersexual, asexual e cuir, históricamente invisibilizados, forma parte da nosa labor central. Ademais, este festival aborda retos da actual sociedade como a defensa do bosque autóctono, a construcción dunha comunidade participativa e inclusiva, a equidade de xénero, a interxeneracionalidade, o despoboamento do rural, a recuperación da memoria ou a posta en valor do patromonio material e inmaterial da comarca. Abordar estes temas da lugar a que este festival se vaia convertindo nunha iniciativa de empoderamento comunitario que contribúe a rachar con estigmas existentes sobre o rural. O Agrocuir da Ulloa pon en práctica o diálogo e a escoita como ferramentas para a construcción de sociedades sanas e de novas propostas de vida que compatibilicen a necesidade de gañarnos a vida coa defensa da terra e da dignidade humana. Todo esto ponse de manifesto a través de diferentes actividades que dan lugar a un festival multidisciplinar no que a través do teatro, a música, os obradoiros, o baile, o deporte, o cine, a performance, etc. o público comparte dous días de convivencia, aprendizaxe e ocio sostible, demostrando o potencial do rural para establecer novas formas de vida e modelos de sociedade.

+INFO
https://festivalagrocuir.wordpress.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android